
Primeiro de todo, GRAZAS por visitar o noso espazo web, esperemos que atopes o que estas a buscar, e de non ser así non dubides en poñerte en contacto, e intentaremos dar solución.
A nosa idea de empresa deportiva, nace logo de anos de traballo neste sector, sempre ca premisa de dar un servizo profesional e por enriba de todo moi FAMILIAR, onde prima as persoas ante todo, queremos que cando estes DESFRUTANDO de calquera actividade proposta por nos, te sintas ti ou os teus fill@s, net@s… como estar na vosa casa.
Ca titulación académica precisa para dar os servizos que ofrecemos, sumado a PAIXÓN polo noso traballo e o deporte, estamos seguros de que podemos dar un servizo adecuado.
O obxectivo principal e dar un servizo de CALIDADE pero sempre personalizado, e buscando nesa premisa o punto diferenciable, creemos en que moita CANTIDADE non e significado de CALIDADE.
Estamos centrados en deporte en xeral, para tódolos públicos, pero sobre todo en dous grandes grupos, o sector INFANTIL, onde residen as futuras xeracións, co cal queremos aportar as mellores ferramentas para poder axudar a formalas, e darlles os medios para a súa FORMACIÓN.
Apostando sempre polo deporte, pero sempre tendo claro, que antes que deportista, queremos formar persoas con valores, onde as palabras, COMPAÑEIRISMO, RESPECTO , DIVERSIÓN, sexan a marca rexistrada da empresa.
O outro gran grupo, e non menos importante, sector da 3ª IDADE, cos nosos maiores, devolverlles todo o que fixeron por nos tanto tempo e agora tamén merecen DESFRUTAR, ¿por que facer deporte?, por que DEPORTE E SAÚDE, co cal daremos servizos personalizados, para que poidan gozar e pasar un tempo de LECER agradable e ter unha calidade de vida mellor.
ILUSIÓN+TRABALLO+PAIXÓN+DIVERSIÓN+FORMACIÓN = ODIRUOL DEPORTE
Pero o mellor e que o comprobes por ti mesmo.